Seguidores

"Non é máis sabio o que sabe moitas cousas senón aquel que fai moitas cousas co pouco que sabe".

"Non é máis sabio o que sabe moitas cousas senón aquel que fai moitas cousas co pouco que sabe".

Curso 2014-15 ...Antes de comezar coas Ciencias Sociais

Dúas cousas moi importantes para facilitarvos o traballo no ámbito das Ciencias Sociais:

- Liña do tempo.

- Comentario de textos históricos.


Saber situarnos na historia, que estamos a estudar e por outra banda ser capaces de relacionar os contidos co noso pensamento o que incrementará a nosa capacidade crítica e de estudo, facilitándonos o relacionar unhas materias con outras.

VIAXA NO TEMPO

9/14/2015

Lucus Augusti

Cuestións para respostar no portafolio (podes utilizar o enlace picando en Lucus Augusti ou ben investigar noutras páxinas web). Non olvides adxuntar fotos ao teu traballo!

1. Quen fundou Lucus Augusti?
2. En que ano?
3. Por que se funda e sobre que se construe?
4. De que provincia romana foi capital Lucus Augusti?
5. Por que recibe o seu nome a cidade?
6. Que restos quedan da época romana na cidade? E nas aforas?
7. Que é o estrano santuario de Santa Eulalia de Bóveda?
8. Elabora unha ficha coas principais construcións conservados en Lucus Augusti: tipo de edificio, función, época de construción e descrición.


9/13/2015

O CASTRO DE VILADONGA

O Castro de Viladonga

Responde a estas cuestións no teu portafolio. Adxunta algunha foto.
1. Onde se localiza o Castro de Viladonga?
2. É un Castro costeiro ou de interior?
3. De que época é?
4. Coincide o seu esplendor coa Romanización?
5. Cales son as características da cultura castrexa?
6. De que vivían os habitantes dos castros?
7. A que chamamos cultura galaico-romana?