Seguidores

"Non é máis sabio o que sabe moitas cousas senón aquel que fai moitas cousas co pouco que sabe".

"Non é máis sabio o que sabe moitas cousas senón aquel que fai moitas cousas co pouco que sabe".

Curso 2014-15 ...Antes de comezar coas Ciencias Sociais

Dúas cousas moi importantes para facilitarvos o traballo no ámbito das Ciencias Sociais:

- Liña do tempo.

- Comentario de textos históricos.


Saber situarnos na historia, que estamos a estudar e por outra banda ser capaces de relacionar os contidos co noso pensamento o que incrementará a nosa capacidade crítica e de estudo, facilitándonos o relacionar unhas materias con outras.

VIAXA NO TEMPO

5/29/2014

Planificación da materia de Ciencias Sociais- 2º ESO-B do último mes de clase

A consolidación dos reinos europeos
Xoves, 15 de maio
A prosperidade económica do século XIII. A mellora da agricultura e o crecemento da poboación. O desenvolvemento do comercio e da banca.
Actividade 1.
Venres, 16 de maio
Correxir actividade 1.
O renacer das cidades (As causas do crecemento das cidades. O goberno das cidades. Os habitantes das cidades. A cidade medieval.
Actividades 4 e 7
Martes, 20 de maio
Correxir actividades 4 e 7.
O auxe da artesanía (Os artesáns. Os gremios. A composición dos oficios).
O reforzamento das Monarquías. O parlamentos.
Actividade 10.
Xoves, 22 de maio
Correxir actividade 10.
Os enfrontamentos entre os reinos europeos.
A crise do século XIV (video sobre a Peste Negra- Libromedia). Actividades 13 e 16.

Venres, 23 de maio

Correxir actividades 13 e 16.
Novo tema: A época do Gótico.
Unha cultura urbana. O nacemento das universidades. As sete artes liberais. Actividades 1.+ Documento 5 + Act. 3: Busca fora do texto
Martes, 27 de maio
Correxir actividades do día anterior.
Arquitectura, escultura e pintura góticas. Entregar fichas recursos: 19 A Igrexa Gótica.
Xoves, 29 de maio
Fichas sobre o Gótico: Recurso 20: identificar restos artísticos.
Ficha 22: Como eran as esculturas e as pinturas? (comparación entre Románico e Gótico)

Venres, 30 de maio
Actividade avaliable compara románico e gótico: fichas 27 e 28.
Proba/resumo-esquema do tema anterior

Martes, 3 de xuño
Novo tema: Al-Andalus (fotocopias Avanza) + libro como consulta.
Etapas de Al-Andalus. Economía e sociedade Andalusí. Legado cultural e artístico.
Xoves, 5 de xuño
Resumo Al-Andalus (proba individual)
Vernes, 6 de xuño
Novo tema: Os reinos cristiáns hispánicos (fotocopias Avanza + libro como consulta).
Os núcleos occidentais da resistencia cristiá/ Os núcleos pirenaicos de resistencia cristiá/ O avance dos reinos cristiáns/ a repoboación.
Martes, 10 de xuño.
A Coroa de Castela.
A crise do final da Idade Media.
A coroa de Aragón.
A crise do final da Idade Media.
Xoves, 12 de xuño
Proba resumo do tema os reinos cristiáns hispánicos.


Presentación dos proxectos sobre a feira medieval de Monforte de Lemos

 Os alumnos de 2º de ESO presentan os seus traballos sobre a Feira Medieval en Monforte. A elección do formato era libre, polo tanto hai traballos en Power Point, video, Word, etc.
Noraboa a tod@s!